Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2002 pola que se corrixen erros na do 7 de outubro pasado pola que se anuncia a contratación, por concurso público e sistema aberto, da asistencia técnica para a realización dun estudio sobre o nivel de introducción das TIC na sociedade galega.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 201, do xoves 17 de outubro,

DISPOÑO:

Primeiro.-Face-la corrección do prazo de execución, que di: «ata o 15 de febreiro de 2003», e debe dicir: «ata o 31 de marzo de 2003».

Segundo.-Esta corrección, deixa sen efecto a resolución de data 7 de outubro e ábrese novo prazo de presentación de ofertas, que será de sete días naturais, contados a partir do día seguinte a esta publicación.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación, Social e Turismo