Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das obras de conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia de Lugo, zona sur. (Clave LU/02/075.02).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono 981 54 49 86, telefax 981 54 47 91.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

3. a) Lugar de execución: Lugo.

b) Natureza e alcance das obras, opcións, características xerais da obra:

Clasificación CPV (vocabulario común da contratación pública): 45233100-0.

Obra: conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia de Lugo, zona sur, de clave: LU/02/075.02.

Orzamento base de licitación: 8.038.178,76 euros.

Incluídas no proxecto que se xunta como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 48 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no punto número 1.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/. E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, teléfono 981 59 33 85.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 5-12-2002.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Idioma(s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado da traducción oficial.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 16-12-2002, ás 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Fianzas e garantías esixidas: esixirase unha garantía provisional do (2%) do orzamento de contrata (160.763,58 euros) e unha garantía definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (321.527,15 euros).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas: axustarase ós requisitos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas:

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

b) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acredita-la súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 15, 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses consonte o artigo 89 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: segundo o cadro de características do contrato.

15. Información complementaria:

Tipo de poder adxudicador: Administración rexional/local.

Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Data de envío do anuncio: 14-10-2002.

17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 14-10-2002.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda