Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO do proxecto de urbanización do sector SUR-4, Moreiras (Plan Xeral de Ordenación Municipal do Pereiro de Aguiar-Ourense): aprobación definitiva.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise saber que:

O Pleno do concello, na sesión extraordinaria do 28 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

6.1. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do sector SUR-4, Moreiras, por instancia de Xestur Ourense, S.A., e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Pablo González Rodríguez.

6.2. Continua-lo procedemento de acordo co establecido na Lei 1/1997.

Contra o expresado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa última publicación (no BOP ou no DOG), se ben, previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o Pleno do concello no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición,

o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de dous meses, contado desde o día seguinte ó da notificación, ou de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición da reposición.

O Pereiro de Aguiar, 2 de outubro de 2002.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde