O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 9 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o plan especial de reforma interior sobre un soar sito no lugar de Pedralonga, promovido por Cupabi, S.A.
Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exem
plares do instrumento aprobado definitivamente, todo iso para facer efectivo o previsto no artigo 48 LSG.
Terceiro.-Notifica-la aprobación definitiva a Cupabi, S.A., como promotor do documento.
Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.
O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.
A Coruña, 16 de setembro de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo