Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público de subministracións de moblaxe clínica, polo procedemento aberto e trámite urxente. (C.P. 20/2002).

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

Expediente: C.P. 20/2002.

Obxecto: adquisición de moblaxe clínica.

Orzamento: 50.000,16 A, IVE incluído; desagregado nos seguintes lotes:

Lote nº 1: 23 camas hospitalarias, con colchón e almofada (42.987 A).

Lote nº 2: 23 mesas de noite con atril (7.013,16 A).

Os licitadores poderán concorrer a un ou a ambos lotes.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: 30 días, mellorables polo licitador.

Admisión de variantes: admítense ata dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver puntos 16 e 17 da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Composición, características técnicas e funcionais do material, ata 40 puntos. 2) Prazo de entrega; prazo de posta en servicio; servicio técnico e prazo de garantía; ata 25 puntos. 3) Importe económico, ata 25 puntos. 4) Outras melloras non esixidas nos pregos, ata 10 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria deben ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración, planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: http// www.sergas.es.

Garantías: provisional: 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, antes das 14 horas do duodécimo día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos do complexo hospitalario, ás 9 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario/s.

Ourense, 8 de outubro de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense