Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 19 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo do 11 de xullo de 2002 de inicio de reintegro das axudas a cooperativas e sociedades laborais do expediente administrativo FM Reint. 2002/81-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo do inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 4-2-2000 (DOG nº 33, do 17 de febreiro), publícase:

«1º Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/81-5.

Expediente de xestión: FM 341B 2000/70-5.

Orde da convocatoria: 4 de febreiro de 2000 (DOG nº 33, do 17 de febreiro).

Interesado: Textil Costura 40, S.L.L.

Enderezo: aptdo. de correos 101, 36930 Bueu (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio de reintegro por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 11 de xullo de 2002, ó abeiro da Orde do 4-2-2000.

Acordo de inicio de reintegro:

Comprobada por esta delegación provincial a baixa na empresa beneficiaria de socias traballadoras polas que se concederon as axudas, sen que conste a súa substitución nos termos esixidos pola base quinta do anexo A da orde reguladora,

ACORDO:

Primeiro.-Iniciar, en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), o procedemento de reintegro da subvención de 141.237,84 euros (23.500.000 pesetas) percibida pola incorporación de socias traballadoras (resolución concesoria do 5-4-2001).

Segundo.-Dar trámite de audiencia á sociedade beneficiaria, concedendo a Textil Costura 40, S.L.L. un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que estime pertinentes.

Vigo, 11 de xullo de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes están no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 19 de setembro de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra