Publicadas as resolucións do 26 de xuño e 17 de setembro de 2002, relativas á publicación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), lista B, e unha vez rematados os prazos previstos nas ditas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de pos
tos de traballo reservados a funcionarios do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), lista B. A dita lista está exposta da forma que a seguir se indica:
Solicitantes incluídos na lista.
Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Segundo.-A citada lista atoparase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.
Terceiro.-A lista entrará en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, quedando desde ese momento sen efecto as listas elaboradas conforme as convocatorias efectuadas por resolucións do 1 de marzo de 2000 (DOG do 14 de marzo) e 5 de abril de 2001 (DOG do 18 de abril), correspondentes ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B).
Cuarto.-Os solicitantes excluídos ós que lle corresponda, disporán do prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, presentando así mesmo copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa de autoliquidación.
Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.
Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública