Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.832

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

HOSPITAL GENERAL JUAN CARDONA

POXA.

Autorizada pola Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, esta institución benéfica vai proceder á venda en pública poxa do seguinte predio.

Casa sinalada co nº 81 no lugar de Río, no porto do Seixo, parroquia de Franza, concello de Mugardos, composto de planta baixa e piso xunto cun anaco de terreo situado ás súas costas cun casal, todo pechado de muralla, que ocupa un soar de 116 metros cadrados, correspondéndolle á casa 70 metros cadrados.

A poxa terá lugar no Salón de Cabidos Xerais do Santo Hospital de Caridade, ás 12 horas do vindeiro 7 de novembro de 2002.

O prego de condicións reguladoras desta poxa e as especificacións complementarias están á disposición dos posibles licitadores nas oficinas administrativas do devandito hospital, 10 a 14 horas, tódolos días ata o anterior a realización da dita poxa.

Ferrol, 19 de setembro de 2002.

Gerardo González-Cela Pardo

Irmán maior