Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Publicado no Diario Oficial de Galicia nº 183, do 23 de setembro de 2002, o anuncio polo que se somete a información pública o prego de cláusulas administrativas particulares, que rexerá a adxudicación -en réxime de concesión administrativa do uso privativo da edificación situada no lugar onde encontran as instalacións da piscina municipal climatizada, para ser destinada a montaxe e explotación dun bar cafetería.

E resultando:

-Que na cláusula segunda do dito prego de condicións (referido á duración da concesión) figura: «Comprenderá un ano, con carácter improrrogable, contado a partir da posta en funcionamento da actividade para a prestación do servicio; o cal deberá efectuarse no prazo dos dez días seguintes a aquel en sexa practicada a notificación do acordo de adxudicación», cando debería figura-lo seguinte: «Será dun ano, contado a partir da posta en funcionamento da actividade para a prestación do servicio; o cal

deberá efectuarse no prazo dos dez días seguintes a aquel en que sexa practicada a notificación do acordo de adxudicación.

Coa previsión de que se -tres meses antes de acabar aquel prazo- ningunha das partes manifestase á outra o seu propósito de rescindi-lo contrato, entenderíase prorrogado por outra anualidade, sen que o total de prórrogas anuais poida exceder de tres; sendo en consecuencia catro anos o período de duración máxima do contrato».

-Que na cláusula oitava do mesmo prego, (ó recolle-lo modelo de proposición) figura: «2º. Que propón como canon ou prezo, o de..... euros polo ano de duración do contrato, que fará efectivo en doce mensualidades sucesivas por igual importe cada unha delas», cando debería de figurar: «2º. Que propón como canon ou prezo, o de..... euros por cada ano de duración do contrato, que fará efectivo en doce mensualidades sucesivas por igual importe cada unha delas».

A través do presente anuncio, procédese a modificar aquel que foi publicado no DOG nº 183, no sentido apuntado, en canto ás dúas cláusulas que quedaron indicadas; de maneira que os prazos previstos no prego de cláusulas administrativas particulares empezarán a rexer a partir do día seguinte ó da publicación deste novo anuncio no Diario Oficial de Galicia, permanecendo inalterables as demais condicións previstas no prego publicado naquel DOG do día 23 de setembro de 2002.

En Arzúa, dous de outubro de dous mil dous.

Manuel Moscoso López

Alcalde