Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2002 pola que se somete a información pública o estudio ambiental do proxecto de ordenación do río Deza e acondicionamento na área recreativa da Carixa en Merza, Vila de Cruces (Pontevedra).

Para os efectos do previsto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 442/1990, de avaliación dos impactos ambientais para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do devandito proxecto durante un período de 30 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia, poida examinalo en horas hábiles de oficina nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza Camilo Díaz Valiño, s/n), nas oficinas da Demarcación Sur (rúa Urzáiz, 18) e nas dependencias do Concello de Vila de Cruces.

De consideralo oportuno, as devanditas persoas poderán formular cantas observacións estimen pertinentes, dirixidas á Presidencia de Augas de Galicia durante o período de exposición pública.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2002.

Francisco J. Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia