Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 482/2002.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas

que se indican a continuación, resolvo notifícar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da sua publicación no Diario Oficial de Galicia, pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Labo

rais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente: 482/2002.

Acta nº: 429/2002.

Titular: Proyectos Turísticos e Inmobiliarios, S.L.

NIF/DNI: B-15785249.

Enderezo: avda. do Exercito, 8 baixo, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 17-9-2002.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 A.

Feitos: visitado o centro de traballo que a empresa da referencia posúe en Manuel Piñeiro Pose, 2, A Coruña, requiriuse a avaliación de riscos, entregándose citación para que a achegase. Nin no curso da visita, nin na data sinalada foi achegada, nin acreditou a empresa a elaboración dela.

Vulnéranse os artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigos 3, 4, 5 e 6 do R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.1º, 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 24 de setembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña