Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T.S. Urbanización Club de Tenis.
Situación: Oleiros.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 125 m de lonxitude, coa orixe en arqueta esquina rúa do Pardillo con rúa Mazarico en liña existente e final apoio en pista lado de Saprogal.
Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 104 m de lonxitude, coa orixe e final en apoios da liña existente que alimenta os centros de transformación de San Pedro de Nós e Saprogal. Concello de Oleiros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 17 de setembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO