Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso para a contratación das obras de mantemento da cuberta metálica da estación de autobuses de Vigo, polo procedemento aberto e urxente.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de reparación da cuberta metálica da estación de autobuses de Vigo.

b) Prazo de execución: mes e medio (1,5 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado: 109.283,65 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2.185,67 euros.

Definitiva: 4.371,35 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación e a demais documentación referente a ela poderán recollerse en:

a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPV.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderá recolle-lo prego de cláusulas administrativas particulares na páxina da Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1920.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e cadro de características.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, realizando o aviso á Administración nos termos previstos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo: San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

9. Apertura das ofertas.

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12 horas do quinto día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 6.000 euros.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes