Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 17 de outubro de 2002 Páx. 14.794

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de outubro de 2002 pola que se modifica a do 4 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo) pola que se convocan axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2002, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Pola Orde do 4 de marzo de 2002 (DOG do 11 de marzo) convocáronse axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adul

tos na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2002.

Sendo necesario incrementa-la contía das axudas debido á existencia dun maior número de actividades de formación de persoas adultas que se realizan por entidade solicitante

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifica-lo artigo 3 da citada orde, onde di: «O importe total das axudas económicas efectuarase con

cargo ós conceptos orzamentarios 07.04.322S.460.0 e 07.04.322S.480.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, ata un total de 373.844 euros.»; polo seguinte texto: «O importe total das axudas económicas efectuarase con cargo ós conceptos orzamentarios 07.04.322S.460.0 e 07.04.322S.480.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, ata un total de 645.331,77 euros.».

Artigo 2º

Ábrese un novo prazo para a presentación de solicitudes de axudas conforme o establecido na orde de convocatoria, de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º

Modifícase a data de presentación da memoria e xustificación de gastos, que será posta en coñecemento dos solicitantes no momento da concesión da axuda.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria