En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental para a selaxe do vertedoiro de residuos de Muros-Carnota.
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta días (30), contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2002.
José Luis Díez Yáñez
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental