Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do domicilio social da Asociación Galega de Áridos.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foi remitida certificación expedida polo secretario da referida asociación José Luis Fernández Piñeiro, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral ordinaria celebrada o 24 de maio de 2002, con

sistente na ratificación por unanimidade do acordo adoptado pola xunta directiva, relativo ó cambio de domicilio social da asociación, que queda fixado na rúa Marqués de Riestra, nº 34-5º B, 36001 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais