Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación do domicilio social da Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, presentouse o certificado do secretario de actas da Unión Sindical de Traballadores de Galicia, co visto e prace do secretario xeral, onde se recolle o acordo acadado, na xunta ordinaria do comité nacional do devandito sindicato, relativo ó novo domicilio social da referida organización sindical, que queda situado na rúa Magdalena nº 32-2º D, Ferrol (C.P. 15402).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais