Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 23 de setembro de 2002, da Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa, pola que se fai pública a notificación de apertura e prego de cargos do expediente sancionador PESAN1 2002/000397-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a apertura e prego de cargos do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

O interesado dispón dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación comarcal as alegacións que estime pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa (Carril, Alto da Rosa, s/n).

Nº de expediente: PESAN1 2002/000397-5.

Denunciado: Hilario Torrado Cortés.

DNI: 35409964-S.

Enderezo: avda. de Cambados, 102-2, Vilagarcía de Arousa.

Vilagarcia de Arousa, 23 de setembro de 2002.

Carlos Gabín Sánchez

Delegado comarcal de Vilagarcía de Arousa

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS