Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra: vía rápida de conexión de Ares e Mugardos coa RIXE, de clave AC/00/033.01.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela, A Coruña (España). Teléfono: 981 54 49 86, telefax: 981 54 47 91.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

b) 3. a) Lugar de execución: A Coruña.

b) Natureza e alcance das obras, opcións, características xerais da obra: clasificación CPV (Vocabulario Común da Contratación Pública): 45233100-0.

Obra: vía rápida de conexión de Ares e Mugardos coa RIXE; clave AC/00/033.01.

Orzamento base de licitación: 12.836.877,23 euros.

Incluídas no proxecto que se xunta como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

c), d)

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 36 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1. Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21. Teléfono 981 59 33 85.

b) 6. a) Data límite de recepción das ofertas: 29-11-2002.

b) Enderezo ó que se deben envia-las ofertas: a indicada no parágrafo 1 deste anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Idioma(s): galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto coa traducción oficial.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 9-12-2002, ás 11 horas, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Fianzas e garantías esixidas: esixirase unha garantía provisional do (2%) do orzamento de contrata (256.737,54 euros) e unha garantía definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (513.475,09 euros).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e a normativa de desenvolvemento.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas: axustarase ós requisitos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas:

a) Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e.

Grupo B, subgrupo 2, categoría e.

Grupo B, subgrupo 3, categoría e.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

b) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acredita-la súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 15, 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses consonte o artigo 89 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

13. Criterios de adxudicación: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: segundo o cadro de características do contrato.

15. Información complementaria:

Tipo de poder adxudicador: Administración rexional/local.

Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Data de envío do anuncio: 8-10-2002.

17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 8-10-2002.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda