Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.722

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO do 8 de outubro de 2002 de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

Ó abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo no CIXTEC, que están á disposición dos interesados no taboleiro de anuncios das dependencias do referido centro (rúa Domingo Fontán 9, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable