Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Estudios Mikar, S.L. e para o laboratorio con domicilio en Callejón Solla, 1-1º, 36900 Marín (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2, 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edi

ficación conforme o establecen os artigos 12 h e 18.3º 1. a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLVEU:

Concederlle a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Estudios Mikar, S.L. e para o laboratorio con domicilio en Callejón Solla, nº 1-1º, 36900 Marín (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

ST Área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15074ST02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo