Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. na Antoa-Piñeiro.
Situación: Xermade.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 0,92 km de lonxitude con orixe na L.M.T. a C.T. Panda conductor tipo LA-56 e final no C.T. A Antoa. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con 0,02 km de lonxitude con orixe no C.T. da Antoa e conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 4 de setembro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo