Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.665

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 4 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a publicación das puntuacións definitivas do baremo aberto polo anuncio do 12 de xuño do 2002 (Diario Oficial de Galicia do 26 de xuño) para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades de piano, contrabaixo e gaita galega.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións ás puntuacións provisionais, publicadas o día 9 de setembro de 2002 no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais (DOG do 9 de setembro) e resoltas as reclamacións, procede darlle publicidade ó baremo definitivo.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais a partir do 21 de outubro de 2002 as puntuacións definitivas do baremo para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades de piano, contrabaixo e gaita galega.

Contra estas puntuacións definitivas poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal