Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/107-2, 5896 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en sindicato.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 0,012 km de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a C.T. de sindicato e final en C.T. de Currás. C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T.I. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea de 0,985 km de

lonxitude conductor tipo R.Z. e orixe en C.T. de Currás. L.B.T. aérea de 2,755 km de lonxitude conductor tipo R.Z. e orixe en C.T. de sindicato.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo