Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.601

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2002, da comisión de selección do VII curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios da Xunta de Galicia, pola que se acorda a selección definitiva dos aspirantes que realizarán o mencionado curso.

En sesión celebrada o día 30 de setembro de 2002 pola comisión designada para a selección dos participantes no VII curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios, convocado por Resolución do 3 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 133, do 11 de xullo), acordouse a selección definitiva dos aspirantes que realizarán o mencionado curso.

A relación dos seleccionados está exposta no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, podendo os interesados interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o director da Escola Galega de Administración Pública ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Presidente da comisión