Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos das obras que se citan.

En cumprimento do previsto no artigo 93 da Lei 13/1995 (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:

-Adaptación do IES Fernando Blanco de Cee (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 346.184,31 euros.

-Construcción dunha EEI en Vilarrodís-Arteixo (A Coruña).

Adxudicatario: Vías y Construcciones, S.A. UTE Obras y Edificaciones Seixo, S.L.

Orzamento: 505.202 euros.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria