Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.552

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE EXCELENCIA TURÍSTICA CONCELLOS DO GROVE E SANXENXO

ANUNCIO para a contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora:

Padroado para o Desenvolvemento do Plan de Excelencia Turística Concellos do Grove e Sanxenxo. Mancomunidade do Salnés.

2. Obxecto do contrato:

Denominación do proxecto: acondicionamento turístico do parque de Baltar en Portonovo. Concello de Sanxenxo. Expediente 3003.

Prazo de execución: as obras deberán estar rematadas antes do 1 de decembro de 2002. Acción enmarcada no Plan de Excelencia Turística correspondente á anualidade de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: urxente.

4. Orzamento:

Prezo base de licitación: 120.202,41 euros.

5. Garantías:

Provisional: o 2% do prezo de licitación do contrato.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Padroado para o Desenvolvemento do Plan de Excelencia Turística. Concellos do Grove-Sanxenxo.

Domicilio: avda. Vilar, 1-baixo. Vilalonga-Sanxenxo (Pontevedra). C.P. 36990. Teléfono: 986 74 49 09.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: Rexistro do Padroado, no domicilio anterior.

Modelo de proposicións: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas:

Lugar: Oficina do Padroado no domicilio anterior.

Data e hora: o día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas, ás 17 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos:

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Vilalonga, 1 de outubro de 2002.

Telmo Martín González

Presidente do Padroado para o Desenvolvemento

do Plan de Excelencia Turística Concellos

do Grove e Sanxenxo