Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-433).

Por resolución desta Alcaldía 3817/2002, do 3 de xullo de 2002, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da UE nº 33, no Seixo-Liáns, tramitado pola xunta de compensación da UE-33.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no Diario Oficial de Galicia, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 26 de agosto de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta