Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental para o proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos no concello de Leiro (Ourense), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Leiro.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental some

terá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental para o proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos sólidos urbanos no Concello de Leiro.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental