Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio para implantación e soporte da aplicación informática dos centros de sacrificio de animais da Comunidade Autónoma de Galicia, para soporte in situ e para soporte local desde a Consellería de Sanidade, así como das aplicacións informáticas utilizadas polos veterinarios adscritos á Dirección Xeral de Saúde Pública nas súas diferentes localizacións e que sexan indicadas por esa dirección xeral. (C/357-2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita el expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: C/357-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: do servicio para implantación e soporte da aplicación informática dos centros de sacrificio de animais da Comunidade Autónoma de Galicia, para soporte in situ e para soporte local desde a Consellería de Sanidade, así como das

aplicacións informáticas utilizadas polos veterinarios adscritos á Dirección Xeral de Saúde Pública nas súas diferentes localizacións e que sexan indicadas por esa dirección xeral.

b) Lugar de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: douscentos nove mil cento cincuenta e dous euros (209.152 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financieira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Categoría esixida: grupo III, subgrupo 3 ou 7, categoría B ou de acordo co novo regulamento, grupo V, subgrupo 2, 3 ou 5, categoría B.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do terceiro día contado a partir da finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a seiscentos euros (600 euros).

11. De se-lo caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS