Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a subministración de ordenadores persoais con destino ás entidades locais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de ordenadores persoais con destino ás entidades locais de Galicia.

b) Número de unidades que se van entregar: noventa (90) como mínimo.

c) División por lotes y número: non leva.

d) Lugar de entrega: o que sinale a Dirección Xeral de Administración Local.

e) Prazo de entrega: un mes contado desde a data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 120.203 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2.404,06 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17 e 981 54 62 20.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2º Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás nove horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 9-9-1999; DOG nº 182, do 20 de setembro)

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais