Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de la Provincia de Pontevedra (APEC).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de la Provincia de Pontevedra (APEC), e mailos novos estatutos, consistindo a dita modificación no cambio dos artigos 7, 8, 8 bis, 9, 15, 17, 19, 22 e 23.

Asinan a acta de modificación dos estatutos: Ángel Fernández Presas e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 20 de agosto de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra