Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 28/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade.

Expediente sancionador: Secretaría 28/2002.

Denunciado: Pollería Ovipaco.

DNI/CIF: B-15487200.

Último enderezo coñecido: praza de Santa Lucía, posto nº 29. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: trescentos euros con cincuenta e un céntimos.

A Coruña, 19 de agosto de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña