Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 9 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución de cesamento na actividade de explotacións porcinas, notificacións que foron devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós propietarios das explotacións de porcino, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan a continuación, a resolución de cesamento na actividade de porcino industrial, acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento

Rural de Lugo, en aplicación do disposto no artigo 7 do R.D. 324/2000, que regula o rexistro estatal de explotacións porcinas e o rexistro de explotaciones porcinas das comunidades autónomas. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

Lugo, 9 de setembro de 2002.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Titular: Ángel Carro Vázquez.

DNI: 33604299.

Último enderezo coñecido: S. Pedro de Farradeiros, O Corgo.

Motivo publicación: falecemento.

Titular: Maximino Rodríguez Mourenza.

DNI: 34172990.

Último enderezo coñecido: Cedrón, Chantada.

Motivo publicación: falecemento.

Titular: José Pérez Armada.

DNI: 33787918.

Último enderezo coñecido: Val, Quenta de Ribadeneiro, Francos, Baralla.

Motivo publicación: cambiou de domicilio sen deixar datos.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO