Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: retranqueo L.M.T. San Marcos-Lamastelle.
Situación: Oleiros.
Descricións técnicas: retranqueo da liña eléctrica de media tensión de San Marcos-Lamastelle entre os apoios nº 4 e 5 pasando de aérea a subterránea nunha lonxitude de 185 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al. Concello de Oleiros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 11 de setembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña