Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.372

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

RELACIÓN de contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 20 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar, persoalmente ou mediante representante as notificacións correspondentes, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na r/ Comandante Fontanes, 10, 15003 da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Gestiser Asesores, S.L.

NIF: B15241185.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Depedencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da AEAT en Galicia, r/ Comandantes Fontanes, 10-5º A Coruña.

A Coruña, 5 de setembro de 2002.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO 02 DO PLAN PARCIAL

INDUSTRIAL DE FOZ