Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso con procedemento aberto, para a contratación da subministración de sinalización dos núcleos urbanos do concello de Culleredo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: sinalización dos núcleos urbanos do concello de Culleredo.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de entrega: dous (2) meses desde a adxudicación.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 54.637,39 IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: r/ do Concello, nº 12, Tarrío, Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Presentación de ofertas: quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou Diario Oficial de Galicia).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, das 9 ás 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: r/ do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: aproximadamente 290 euros.

Culleredo, 28 de agosto de 2002.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde