Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación de concurso, con procedemento aberto, trámite de urxencia.

1. Designación: construcción de edificio socio-cultural, centro de día, gardería e servicios sociais.

2. Orzamento de licitación máxima: 1.214.029,41 euros.

3. Financiamento: aplicación orzamentaria: 313.622.

4. Revisión de prezos: non procede.

5. Prazo de execución: 15 meses.

6. Clasificación do contratista.

-Grupo: C.

-Subgrupos: 2, 4, 6, 7 e 9.

-Categoría: D.

7. Documentación referencias técnicas.

I. Programa de traballo.

II. Programa de control de calidade.

III. Descrición do equipo humano vinculado á obra.

IV. Relación de medios e equipos.

V. Acreditación da solvencia económica, financeira e solvencia técnica.

8. Lugar e prazo de presentación de ofertas.

No rexistro xeral do Concello de Boiro durante o prazo de 13 días naturais contados a partir da última publicación do anuncio correspondente no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

9. Garantía provisional: 2% orzamento de licitación.

10. Garantía definitiva: 4% orzamento de adxudicación.

11. Taxas do contrato: non.

12. Control de calidade: esixible.

13. Criterios de ponderación de ofertas: cláusula III.3.7 do prego.

14. Apertura de proposicións: terá lugar na casa do concello ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No suposto de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

15. Información sobre o concurso: Concello de Boiro. Teléfono 981 84 48 00. Copias do proxecto: ARQO Arquitectura y Urbanismo, S.L.; avda. da Constitución nº 24, teléfono 981 84 99 10.

Boiro, 24 de setembro de 2002.

Manuel López Outeiral

Alcalde en funcións