Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita.

O 3 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, dictou resolución pola que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da L.A.T. a 132 kV, subestación Boimente-subestación Buio (tramo subestación Boimente-apoio nº 13), expediente 010/2001 A.T., que afecta ós concellos de Viveiro e Xove.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Baseándose no anterior, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar, os días 15 e 16 de outubro de 2002, a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se expón como anexo á presente resolución e tamén no taboleiro de anuncios dos concellos de Viveiro e Xove, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro de 2001, no BOP de Lugo do 12 de setembro de 2001, e no xornal El Progreso do 17 de setembro de 2001, para que comparezan nos concellos de Viveiro e

Xove, respectivamente, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ós interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas, así mesmo, no taboleiro de anuncios dos concellos de Viveiro e Xove, estará exposta a data do levantamento de actas. Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a tódolos interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emenda-los posibles erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2º do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, tentada esta, non se puidera practicar e así entende-las dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 13 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 01/10Provincia: Lugo

L.A.T. 132 kV sub. Boimente/sub. Buio, tramo sub. Boimente/apoio nº 13Termo municipal: Viveiro

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3PiñeiralMVMC Veciños de Boimente (rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente (Viveiro)1, 2, 3,

4, 5 e 6

1501.16030.775

5aMonte baixo/prad.MVMC Veciños de Boimente (rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente (Viveiro)7223157.565

5bCarballeiraMVMC Veciños de Boimente (rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente (Viveiro)1303.990

7CarballeiraMVMC Veciños de Boimente (rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente (Viveiro)30825

8aCarballeiraMVMC Veciños de Boimente (rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente (Viveiro)1153.465

8bMonte baixoMVMC Veciños de Boimente (rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente (Viveiro)8 e 94761012.210

8cPiñeiralMVMC Veciños de Boimente (rpte. secretario: Carlos Martínez Fernández)Reboiras, 3, Boimente (Viveiro)11, 12

e 13

7738011.460
9Monte baixoDescoñecido10221202.402