Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 03 de outubro de 2002 Páx. 14.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o modificado do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/154).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Tambre II-Palmeira a subestación Boiro.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión a 66 kV con orixe na liña Tambre-Palmeira (expediente 50.548) entre os apoios 75 e 76, sobre apoios metálicos e de formigón con conductor LA-180 dúplex de 6.896 m de lonxitude e final no apoio nº 1 da liña de 66 kV Boiro-Jealsa.

Finalidade: mellora-la rede de alta tensión no oeste da provincia da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 27 de agosto de 2002.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións