Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.340

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002, da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública á alza da propiedade do Estado-ramo de defensa denominada parcela do aparcadoiro do antigo Hospital Militar de Vigo (Pontevedra).

O soar do aparcadoiro do antigo Hospital Militar sitúase na cidade de Vigo, cunha fronte de 49 metros á rúa Pintor José Frau. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 5 de Pontevedra, no tomo 1.359 do Arquivo Xeral, libro 1.359, folio 156, predio número 75.281, inscrición primeira.

Superficie do solo: 1.290,38 metros cadrados.

Cantidade tipo mínima para a poxa: 3.025.357,66 euros.

Características físicas, técnicas e usos urbanísticos da propiedade: as que figuran no prego que rexe para a poxa.

Foi desafectada, declarada a súa alleabilidade e posta á disposición daquela Xerencia de Infraestructura da Defensa, hoxe Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, con data do 30 de abril de 1985.

O acto de poxa terá lugar ante a mesa constituída para o efecto na sede da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa; rúa da Princesa, números 32-36 de Madrid, o día 19 de novembro de 2002, a partir das nove trinta horas.

Información e pregos: nas oficinas da Delegación da GIED en Galicia e Asturias; Costa da Palloza, número 1, segundo esquerda, porta 7 da Coruña (teléfono 981 17 36 11), na Delegación de Defensa de Pontevedra; Paseo de Cervantes, sen número, e na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, no domicilio antes indicado (91 548 96 80), en horario de oficina, así como na páxina web: www.gied.es.

Madrid, 20 de setembro de 2002.

Juan Antonio Miguélez Paz

Director xerente