Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, en sesión ordinaria realizada o día vinteseis de xullo de dous mil dous, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, subscrito polo arquitecto Francisco Manuel Moreda Gil, identificada como modificación número 3. Zona de solo industrial en Cruz do Lobo e abrir un trámite de información pública mediante anuncio no DOG e en El Progreso de Lugo; durante un mes, que se contará desde o primeiro día hábil seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para a presentación de alegacións, que serán resoltas polo pleno; de non presentarse ningunha, trasladarase o expediente á CPTOPV, para que emita informe ó que se refire o artigo 42.5º da Lei do solo de Galicia.

Así mesmo, no dito acordo determínase expresamente que as áreas afectadas pola suspensión do outorgamento de licencias serán as expresadas nos planos de situación (1:10.000) e localización (1:5.000) do proxecto.

Barreiros, 11 de setembro de 2002.

O alcalde

Rubricado