Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da obra de limpeza e rexeneración ambiental de leitos nos ríos Landro e Masma (Viveiro e outros-Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.427.343.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: limpeza e rexeneración ambiental de leitos nos ríos Landro e Masma (Viveiro e outros-Lugo).

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Prazo de execución (meses): oito (8).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos tres mil cincocentos noventa e dous euros con trinta e catro céntimos (203.592,34).

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: grupo A, subgrupo 1, categoría c.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, no caso de non esixirse clasificación: acreditaranse polos medios establecidos no punto 9.1.1. Sobre A. Documentación persoal, letra f), do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: admítese a presentación dunha variante de acordo co indicado no punto 9.1.2.2. Proposición económica do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 29 de outubro de 2002.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación.

Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 22 de outubro de 2002, ás 11 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia