Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do concurso, con procedemento aberto, para a contratación da prestación de servicios complementarios para o funcionamento do programa de divulgación cultural no Fórum Metropolitano.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos.

2. Obxecto do contrato: prestación de servicios complementarios para o funcionamento do programa de divulgación cultural no Fórum Metropolitano.

3. Duración do contrato: un ano prorrogable anualmente por mutuo acordo das partes ata un máximo de catro anos (incluíndo período inicial e prórrogas).

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzametno base de licitación: 180.000 euros anuais (IVE incluído).

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Admisión de variantes: si.

8. Obtención de documentación e información:

a) Oficinas do IMCE, sitas no edificio Coliseum, avda. Alfonso Molina, s/n, A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50, fax: 981 13 60 01.

c) Data límite de obtención de información e documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Clasificación: grupo U, subgrupo 7, categoría B.

10. Presentación das ofertas:

a) Prazo: quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ou festivo o día de remate do prazo, quedará este prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares:

c) Lugar de presentación: rexistro do IMCE (oficinas do IMCE, sitas na avda. de Alfonso Molina, s/n, edificio Coliseum).

11. Apertura das ofertas económicas e da documentación técnica:

a) Lugar: Casas Consistoriais, pza. María Pita, 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó de transcurso do prazo de licitación (ás 10 horas).

12. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de setembro de 2002.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal

Coruña Espectáculos