Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/39-2, 5809 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. no Gruñedo e A Peiceira.

Situación: O Saviñao.

Descricións técnicas: L.B.T. aérea de 2,72 km de lonxitude, con orixe en C.T. Chave, conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 2 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo