Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. residencial na Ribeira.
Situación: Teo.
Descricións técnicas: liña media tensión subterránea a 20 kV, de 50 m de lonxitude, en conductor R.H.V., de 240 mm Al, que parte da L.M.T. existente entre os centros de transformación de urbanización Palomas e Cacheiras Construccións Mencello, pasando polo C.T. residencial na Ribeira de 250 kVA. Concello de Teo
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 27 de agosto de 2002.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións