Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de material de cobertura cirúrxica e vestiario dun só uso, con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 014/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 4 de abril), da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, convoca o concurso público nº 014/2002, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación da subministración sucesiva de material de cobertura cirúrxica e vestiario dun só uso con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra, repartido en vinte lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, por un orzamento total de: cento corenta mil, cento trinta euros con cincuenta e nove céntimos (140.130,59 A). Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse conforme a demanda do Servicio de Subministración a partir da formalización do contrato, por un período dun ano.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial; rúa Loureiro Crespo, nº 2, 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono: 986 80 71 03, ou fax 986 80 70 52, durante o prazo de admisión das proposicións.

Enderezo da Internet: www.sergas.es

Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación de cada lote ó que se licite. Definitiva, o catro por cento do importe de adxudicación, que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Solvencia técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os especificados na folla de especificacións (p. 11.1).

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: admitirase a presentación dunha variante.

13. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 19 de setembro de 2002.

Javier Cobas Gamallo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra