A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería do 25-8-1978, se somete a información pública a petición de demasías producidas na concesión de explotación Gómez nº 2047, situada nos termos municipais de Tui e Salceda de Caselas, solicitada por Sucesores de Severino Gómez, S.A., sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:
VérticesLonxitudeLatitude
18º 37' 00''42º 05' 20''
28º 36' 40''42º 05' 20''
38º 36' 40''42º 04' 40''
48º 37' 00''42º 04' 40''
58º 37' 00''42º 04' 43.87''
68º 36' 43.68''42º 04' 43.92''
78º 36' 43.78''42º 05' 00.13''
88º 37' 00''42º 05' 00.07''
O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de vinte días hábiles, ante esta delegación provincial. Pasado este prazo non se admitirá ningunha oposición.
Pontevedra, 6 de setembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra