Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/75-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización, por modificar parcialmente o proxecto da instalación eléctrica que se cita e que foi obxecto de información pública anterior no DOG do 13 de maio, BOP do 30 de abril e La Voz de Galicia do 17 de abril de 2002:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Domicilio social: Gondar, 36612 Catoira.

Denominación: L.M.T. Fontán-Gondar.

Situación: concello de Catoira.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 116 m de lonxitude, con conductor R.H.V. 12/20 1x95 mm Al, desde un apoio para substituir na L.M.T. existente ó C.T. Gondar, ata o apoio N. 1HVH 1600/15 da liña autorizada por Resolución do 23-8-2000. Concello de Catoira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 16 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra