Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións correspondentes ós expedientes que se indican.

De conformidade co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos:

-Expediente: SXCA 2/2002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnico-funcional para a realización da planificación, estudios de viabilidade e informes necesarios para a integración e implantación, de acordo coa plataforma informática da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das novas aplicacións informáticas, ou mellora e dotación de novas funcionalidades das xa existentes, así como da infraestructura de hardware e comunicacións que lle serven de base, e outras accións dentro do marco do proxecto Siega (Sistema de Información da Educación Galega).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 86, do 6 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 185.000 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de xuño de 2002.

b) Contratista: Altia Consultores, S.L.

c) Importe de adxudicación: 183.000 A.

-Expediente SX 6/2002.

2. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia.

b) Descrición do obxecto: asesoramento na planificación, xestión e explotación de tódolos procesos informáticos que se realicen como soporte do sistema

educativo, así como a realización de estudios estatísticos derivados da explotación dos sistemas de información correspondentes.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 130, do 8 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 147.236 A.

5.Adxudicación.

a) Data: 7 de agosto de 2002.

b) Contratista: G 64 Comunicación, S.L.

c) Importe de adxudicación: 123.236 A.

-Expediente SX 7/2002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación do soporte lóxico, xestión de incidencias, configuración e resolución in situ de calquera eventualidade que xurda en relación co funcionamento da aplicación informática XADE-Centros.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 130, do 8 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 225.308 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de agosto de 2002.

b) Contratista: Informática El Corte Inglés, S.A.

c) Importe de adxudicación: 201.412 A.

-Expediente SX 8/2002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. O bxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación do soporte, configuración e control dos sistemas hardware e software de base das redes de área local da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 130, do 8 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 117.198 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de agosto de 2002.

b) Contratista: Gabinete Asesor de Informática, S.L.

c) Importe de adxudicación: 105.328. A.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria